Friday 26 de April de 2024

A Fundación Semana Verde e Carrefour acordan traballar xuntas para promover o sector agroalimenario galego no salón Salimat Abanca


A ALIANZA ENTRE AMBAS ENTIDADES SUPORÁ QUE ESTA EMPRESA DE DISTRIBUCIÓN ESTÉ PRESENTE POR PRIMEIRA VEZ NO CERTAME ALIMENTARIO, O CAL CELEBRA A SÚA VIXÉSIMA EDICIÓN DO 9 AL 12 DE XUÑO

A Fundación Semana Verde de Galicia e Carrefour acaban de acordar a súa colaboración co obxectivo de promover a vinculación da empresa alimentaria cos produtos galegos e dar a coñecer o valor engadido que esta aporta ao sector agroalimentario.

Respecto a este acordo Francisco Hipólito, director rexional do Noroeste de Carrefour, sinalou que, dado o potencial de Galicia no eido alimentario, é moi importante apoiar un foro de promoción como a feira Salimat Abanca, que serve, ano tras ano, de plataforma de negocio para compradores nacionais e internacionais interesados en produtos galegos de calidade, e que chegará a ser en poucos anos un referente a nivel nacional.

En canto a Ricardo Durán, agradeceu a Carrefour a súa implicación no proxecto común de revitalización do sector primario galego, e destacou que Carrefour merca cada ano case setecentos cincuenta mil quilos de produtos provintes do campo galego e dous millóns seiscentos mil quilos das nosas lonxas, con compras por valor de máis de douscentos cincuenta millóns de euros entre máis de cincocentos cincuenta provedores da nosa Comunidade, que se traduce directamente en postos de traballo e dinamización económica para o medio rural e mariñeiro galegos.

Segundo se recolle no convenio entre ambas parte, Carrefour participará no salón
de alimentación Salimat Abanca cunha superficie mínima de 64 metros cadrados, o cal xa se fará efectivo dende esta edición, que se celebrará do 9 al 12 de xuño, e suporá que por primeira vez esta empresa de distribución estea presente no certame. Así mesmo, acudirá como comprador aos seus Encontros de Negocio para coñecer a oferta alimentaria dos expositores e levará a cabo xestións cos seus provedores co obxectivo de lograr a súa posible participación no salón.

Ademais, Carrefour promocionará o certame Abanca Semana Verde de Galicia a través de flyers publicitarios, cunha primeira entrega de 60.000 exemplares que xa están distribuíndose nos seus 12 centros de Galicia, e colocación de roll-ups nestes mesmos establecementos, ademais do emprego doutras ferramentas promocionais, como as redes sociais.

Pola súa banda, a Fundación Semana Verde facilitará a Carrefour unha zona preferente no pavillón 1 do recinto, no cal se sitúa Salimat Abanca, para instalar o seu stand, así como condicións económicas vantaxosas referidas á superficie expositiva, stand e servizos feirais. A Fundación tamén axendará nos Encontros de Negocio diversas reunións de traballo entre potenciais provedores e xefes comerciais de Carrefour, ademais de difundir a participación e colaboración da empresa no salón.